... "a Galiza onde chove o tempo inteiro, rosas que nascem do mar" (António Lobo Antunes, in Exortação aos Crocodilos)
"Veleiquí a man alongada na
direución do tempo e os ollos reptando como
un río que escorre en folgados
anuncios da final derrota no
mar e veleiquí a man concentrada de
sempre, cerciorando a condición imposible
de cada cousa e veleiquí os ollos que
capaces serían de pór ponto final á
direución do tempo e declaro formalmente que
cada intento de achega-la man - veleiquí
a man alongada cara ti e vós - afoga nas
toldadas augas dos vencidos meus
ollos, á espera dunha poboación máis fera
e leda e veleiquí o remate do
vivir, tantos e tantos anos retrasado."
"Atópome coa testa contra o muro.
Convócome a min mesmo coma quen olla un pozo.
Volta un neno perdido
por rúas de fume, por pasigos brancos,
tráxico, con tatuaxes nas meixelas
e lumes pequenos en cada dedo.
Voltan tempos ourizo de rapiña e disparos,
de angurias decoradas por cregos e trompetas,
estampas e desfiles. E todo que se para.
Locen asombros, fórmanse estalidos, redondéanse lombos,
e mamai dime algo tremendamente pedra
que me pon no meu sitio.
Retorna agora o día da ira, o tremendo intre
en que perdín os ollos e fíxenme acibeche, cactus e pedra alumbre.
e quedeime en Ourense
fitando con horror este río do tempo"
Xosé Luís Méndez Ferrín (Con pólvora e magnolias)
15.6.08
Coma quen olla un pozo
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário